domingo, 8 de marzo de 2015

Información VI Carreira Do Espíritu Santo

Data: Sábado 2 de maio do 2015.
Hora: As 18:00 carreira absoluta, a partir das 18:45 categorias menores.
Lugar: No lugar de Campo de cortes, concello de Muros.
Distancia: 8000 metros.
Inscripción: Ata o 30 de abril. Ver no regulamento.
Organiza: A.C.R.D "O Rumial".


DESCRIPCIÓN
A A.C.R.D "O Rumial", organiza a VI Carreira Popular do Espiritu Santo, o Sábado 2 de maio no lugar de Campo de Cortes, en Muros.

RECORRIDO
A proba na categoria absoluta contara cun recorrido de 8000 metros, que discorrera por pistas forestais e asfalto.


INSCRIPCIÓN
No correo electronico carreirarumial@hotmail.com, ata o día xoves 30 de abril as 22:00, facendo constar nome é apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, e clube en caso de telo.
O precio da inscripción será dun kilo de comida non perecedeira que se entregara no momento de recollida do dorsal. A comida que se recolla será doada na sede de "Caritas" en Muros.
Poderase retirar os dorsais ata 15 minutos antes do inicio da carreira.

CATEGORIAS E PREMIOS
- 0-4 anos: (80m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.
- 5-8 anos: (350m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes
- 9-12 anos: (800m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.
- 13-15 anos: (1200m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.
- 16 en diante: (8000m)
Trofeos para os tres primeiros clasficados/as.
Trofeo para o primeiro clasificado maior de 50 anos que non gañase trofeo na categoria absoluta.
Trofeo para a primeira clasificada maior de 45 anos que non gañase trofeo na categoria absoluta.
Trofeo para o primeiro clasificado menor de 23 anos que non gañase trofeo na categoria absoluta.

Todo corredor que remate a proba sera obsequiado coa camiseta conmemorativa da proba.

- O rematar a proba haberá un completo avituallamento para tódolos participantes.
- Haberá servizo de duchas no pavillón municipal de "Miraflores".

- Dado o espírito deportivo da proba non se admitirán reclamacións.
- A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes da carreira.
- A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

0 comentarios:

Publicar un comentario